VISITAS TEATRALIZADAS
O castelo de Sobroso acollerá, por iniciativa da Deputación de Pontevedra e a produción de EscénaTe, unha nova proposta de visitas teatralizadas ambientadas na Idade Media durante o cerco sufrido pola raíña Dona Urraca. En Os sinais de Sobroso, o público integrarase na ficción como parte da poboación refuxiada na fortaleza e percorrerá os seus espazos descubrindo, a través da acción, como funcionaban os seus elementos e a súa relación co territorio. A experiencia combinará divulgación histórica, interpretación do patrimonio, intriga, humor e elementos da tradición galega vinculados ao Samaín e á Noite de Defuntos, nunha historia que irá facendo convivir progresivamente a realidade histórica de Sobroso coas súas lendas e coa súa memoria popular.
- 17 e 18 de outubro ás 16:30h
- 24, 25 e 31 de outubro e 1 de novembro: ás 11:30h e ás 16:30h
- Aforo: 15 persoas
- Prezo: 5€/persoa
- Venda de entradas: Entradas Castelo de Sobroso – Venta Oficial Online